Bicicleta

Unha bicicleta  é un vehículo sen motor de dúas rodas dispostas en liña e fixadas a un cadro. Serve para o transporte de persoas e mercancías. Móvese grazas á forza que o ciclista exerce sobre os pedais, que é transmitida ás rodas.
 Varios antecedentes desta máquina foron coñecidos como velocípedes, nome que data do século XVIII.
En moitos países a bicicleta é un dos principais medios de locomoción e de transporte de mercadorías para distancias cortas e medias. É un medio de transporte san, ecolóxico, sostible e moi económico, tanto para trasladarse por cidade como por zonas rurais. O seu uso está especialmente difundido nos países da Europa central e nórdica e nos países pouco desenvolvidos. Tamén existen diversas modalidades deportivas que se practican con este vehículo. (En Galipedia)