Tecnoloxía

A tecnoloxía é o conxunto de coñecementos e procedementos teóricos e prácticos que, debidamente organizados e sistematizados, satisfacen as necesidades humanas. A tecnoloxía é a transformación da natureza polos homes e mulleres, para resolver problemas e satisfacer as necesidades sociais. Todo ese mundo artificial, dende o máis simple e cotiá até o máis novo e revolucionario é tecnoloxía.
A tecnoloxía é, dunha forma xeral, o encontro entre ciencia e enxeñaría. Sendo un termo que inclúe desde as ferramentas e procesos simples, tales como unha culler de madeira e a fermentación da uva respectivamente, ata as ferramentas e procesos máis complexos xa criados polo home, tal como a Estación Espacial Internacional e a desalinización da auga do mar respectivamente.
Frecuentemente, a tecnoloxía entra en conflito con algunhas preocupacións naturais de nosa sociedade, como o desemprego, a contaminación e outras moitas cuestións ecolóxicas, filosóficas e sociolóxicas.
(en Galipedia)